Empezan as obras da ampliación da EDAR de Rianxo

22 Xuño 2019

20190622.- A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, anunció que as obras comenzarán esta semana.

A responsable da Xunta supervisou en Rianxo as obras do novo colector e do tanque de tormentas soterrado, que permitirá regular o caudal que chega á depuradora almacenando as augas, sobre todo os días de choiva, antes de ser bombeadas á devandita instalación a través dun pozo de bombeo. Ethel Vázquez supervisou a execución do novo colector e do tanque de tormentas .

Unha tuneladora abre paso ás tubaxes pola fachada marítima para non cortar o tráfico. Estes traballos que se iniciaron en marzo, contan cun investimento de 6,5 millóns de euros e irán parellas a ampliación da depuradora que contará cun orzamento de 7,5 millóns. Esta última actuación permitirá adecuar a capacidade de tratamento ás necesidades reais e solucionar a problemática derivada do excesivo volume de augas residuais en rede e da súa carga contaminante. O colector que discorre pola fachada marítima adoita colapsarse con frecuencia. O tanque de tormentas terá unha capacidade de 700 metros cúbicos e foi deseñado para un caudal entrante de 1.070 litros por segundo e para unha redución de vertedura do 95% (de 390.000 a 18.000 m3). Terá sistema de desodorización e un equipo electrógeno para que, en caso de corte de enerxía, poida seguir funcionando.

Proxecto da EDAR de Rianxo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.