Aumentan as adopcións en Callejeros Barbanza mais temen a época estival

19 Xuño 2019
Cedida por Callejeros Barbanza

20190619. Comeza o verán e son moitas as persoas que aproveitan para irse de vacacións a destinos nacionais ou internacionais. O problema ven cando ese período de descanso carrexa o abandono dunha mascota. Un animal co que se comparte o día a día, pero chegado o momento non dubidan en deixalos na estrada, en caixas ou en colectores do lixo. Así, a época estival pode converterse en sufrimento para moitos dos peludos de catro patas. Por iso, desde Callejeros Barbanza traballan co propósito de reverter esta situación. Rosa Gómez Crujeiras, membro da directiva da asociación, sinala que de momento non notaron un incremento esaxerado dos abandonos, si ben é certo que os meses fortes están por vir porque “ao entrar o verán temos unha avalancha de abandonos impresionante.” Ademais, apunta que “no caso dos gatos é porque agora é a época das camadas e no caso dos cans hai máis abandonos no verán porque tamén son o regalo de Nadal.” Respecto do balance anual, indica que “levamos un ano fatal, hai moitísimos abandonos. Levamos moitos cans e gatos recollidos.” De feito, o luns recolleron no peirao de Aguiño unha caixa con cinco gatos.

Aínda que o seu ámbito de actuación é Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo, tamén acoden a aquelas chamadas que lle fan doutros municipios coma, por exemplo, Porto do Son. De feito, o último can que recolleron foi en Nebra. Así mesmo, empezarán a colaborar con Protección Civil sonense na difusión, “a través da nosa páxina de Facebook e de Instagram para a adopción dos animais que teñen eles alí.”

En canto ao número de adopcións, a lectura que fan é positiva pois conseguiron arredor de 55 e “este ano imos por riba do ano pasado en canto a adopcións, tamén é verdade que somos máis voluntarios e temos máis posibilidades.” Os animais que máis adoptan son gatos e cachorros de can, pero o difícil son os adultos. A pesar do seu esforzo, Rosa manifesta que as casas de acollida están saturadas e hai por adoptar “máis de 70 animais entre cans e gatos.”

Finalmente, co obxectivo de crear conciencia realizan diversos mercadiños e charlas en colexios “para conciencialos desde que son pequenos e que vexan as cousas desde outro punto de vista.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.