Augas de Galicia comeza a limpeza da contorna do río Coroño

28 Xuño 2019

20190628 Co fin de evitar posíbeis asolagamentos e problemas de atoamento do libre discorrer das augas, veñen de comezar no concello de Boiro unha serie de labores de conservación e limpeza no río Coroño. Os traballos, desenvolvidos nas parroquias de Lampón (Santiago) e Boiro (Santa Eulalia) polos operarios de Augas de Galicia, concéntranse en tres regos da devandita canle fluvial ao seu paso polo municipio: Pontellón, Lampán e Pasariño.

As tarefas nos tramos que percorren os lugares de Lampón e Boiro forman parte da actividade específica para áreas con risco potencial de inundacións. As actuacións de Augas de Galicia (Consellería de Infraestruturas e Mobilidade) consisten basicamente na retirada de árbores e pólas caídas sobre a canle e as marxes do río, así como da madeira morta. Segundo informa a Xunta, “unha vez rematados estes traballos, os tres regos e o río quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.