Aberto o período de inscricións para a V Carreira pola Diversidade

18 Xuño 2019
Cedida pola Asociación AMBAR

20190618. A Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional celebra por quinto ano consecutivo unha nova edición da Carreira pola Diversidade, para a cal xa están abertas as inscricións. A cita terá lugar o próximo domingo 14 de xullo co obxectivo de visibilizar e poñer en valor a práctica deportiva das persoas con diversidade funcional, así como amosar o papel do deporte como ferramenta de inclusión social real.

Como novidades deste ano, a categoría absoluta formará parte do calendario oficial de carreiras da Federación Galega de Atletismo, e a proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces, o cal pretende ser un aliciente máis á participación.

A proba absoluta comezará ás 10.30 horas e, ao finalizala, darase paso ás probas menores nas que os nenos e nenas poderán practicar as súas habilidades como atletas, nun ambiente lúdico e familiar. Tralas probas entregaranse os trofeos entre os clasificados na carreira absoluta e sortearanse os regalos doados por distintas entidades do concello de Ribeira.

Dita carreira superou os 300 participantes na súa anterior edición e o propósito para este 2019 é incrementar a participación un 25% chegando á seguinte centena a través da promoción en clubs deportivos e coa colaboración de persoeiros como Terio Carreira.

Cedida pola Asociación AMBAR

As diversas modalidades son 5000 metros zapatilla absoluta (modalidade federada), 5000 metros zapatilla inclusiva (poderán matricularse nesta categoría tódalas persoas con diversidade intelectual, sensorial ou motriz que non se inclúan en ningunha das outras), 5000 handbike, 5000 cadeira de atletismo e probas infantís (adaptadas por idade, sen carácter competitivo). Así mesmo, as modalidades de cadeira de atletismo e handbike darán dereito a hospedaxe da persoa deportista e un acompañante a noite anterior, por orde de inscrición ata fin de existencias.

A inscrición pode realizarse mediante a web www.carreirasgalegas.com sendo a data límite o día 11 de xullo ás 23.59 horas. Ademais, nesta mesma páxina web, existe a posibilidade de facer a inscrición do ‘Dorsal 0’ e colaborar de maneira solidaria neste evento. A cota de matrícula é de 6 euros e a recadación irá destinada a programas de inclusión social da entidade como son a formación prelaboral ou os programas de vivenda na comunidade.

Outros artigos

Ribeira acolle o 24-F unha xornada sobre facturación electrónica

A Fundación INCYDE e o Concello de Ribeira organizan este mes un evento formativo de transformación tecnolóxica para as pemes e as persoas autónomas. Estamos a falar da xornada Facturación Electrónica e Acceso á Plataforma do Sector Público, que está prevista para o...

+

Atropelo con ferido en Aguiño en Ribeira

Os bombeiros do parque provincial de Ribeira foron mobilizados por mor dun atropelo en Aguiño, no Concello de Ribeira.Na incidencia foi trasladada unha persoa ferida ao hospital do Barbanza. Un peón resultou ferido este mércores 12 de febreiro tras ser atropelado na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

“El Vaticano, el Papa y la inmigración” – Manuel Domínguez

El papa Francisco afirma que rechazar a los migrantes es un "pecado grave" El papa Francisco afirmó que ante el drama de la migración no sirven "leyes más restrictivas" o "la militarización de las fronteras" y que rechazar a los migrantes "es un pecado grave". La...