A prensa estranxeira visita as instalacións dos clubs náuticos galegos

14 Xuño 2019

20160614 Un grupo de xornalistas estranxeiros coñeceu de primeira man a calidade e actividades náuticas deportivas dos clubs náuticos galegos e os servizos que ofrecen a todas as embarcacións que deciden amarras nos seus pantaláns. A visita, organizada pola Asociación de Clubs Náuticos de Galicia (ASNAUGA) coa colaboración do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), celebrouse hai uns dias co obxectivo de promocionar o turismo e os deportes náuticos.

Procedentes de Inglaterra, Francia e Portugal, xornalistas especializados no sector percorreron durante catro días, dez dos trinta clubs que pertencen a ASNAUGA. A visita enmárcase na promoción das actividades e deportes náuticos, así como nas instalacións punteiras de pártea norte e central de Galicia. Desde o Real Club Náutico de Ribadeo ata o Club Náutico de Boiro, pasando polo Club de Mar de Ferrol, Club Náutico Ría de Ares, Club Náutico de Sada, Real Club Náutico da Coruña, Club Náutico de Camariñas, Real Club Náutico de Portosín, Club Náutico Deportivo de Riveira, Club Náutico de Barraña (Boiro), Club Náutico de Boiro-Cabo de Cruz e Club Náutico de Rianxo. Así mesmo, o último culminou o día remontando o río Ulla en barco, visitando a Vila de Padrón e a Igrexa do Pedron. E posteriormente asistiron á entrega de premios da regata Elidente organizada polo Club Náutico de Rianxo. O presidente de Asnauga, Javier Ruiz de Cortázar Díaz, foi o encargado de exercer de anfitrión e guiar á delegación estranxeira para ofrecerlles unha visión global das infraestruturas, así como informarlles de todos os servizos que están ao alcance das embarcacións que amarran en Galicia. Número de amarres dispoñibles, accesos por mar e terra, mariña seca, varaderos para reparacións, travel- lifts, oferta de hostalería, servizos de vixilancia, conexións marítimas, redes de comunicacións e gastronomía foron só algúns dos aspectos que máis interesaron aos xornalistas para trasladar ás súas lectores referencias exactas á hora de recalar en Galicia.

20160614 Prensa extranjera visita as instalacions dos clubes náuticos galegos. Imaxe https://www.panoramanautico.com

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.