A Pobra celebra o Día da Diversidade Sexual

28 Xuño 2019

20190628 Este venres 28 de xuño celébrase no mundo o Día da Diversidade Sexual, e os nosos concellos están a sumarse plenamente ás reivindicacións. Se onte falabamos das actividades de Ribeira, cómpre lembrar que Pobra e Rianxo sumáronse á campaña Liberdade de ser e sentir!, que puxo en marcha a Deputación da Coruña para conmemorar a dita xornada e reivindicar as diferentes identidades sexuais e a comunidade LGTBQI.

No caso da Pobra, estes días a Concellería de Igualdade habilitou un toldo informativo na praza do Emigrante para contribuír a xerar na sociedade, especialmente na mocidade, valores como a tolerancia e a igualdade das persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, queer e intersexuais. Amais, a fachada do consistorio adobiouse cunha bandeira reivindicativa.

O obxectivo final é sensibilizar sociedade sobre as diversidades sexuais e visualizar a comunidade LGTBQI+.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.