A Pobra recibirá axudas á mellora de equipamentos culturais

26 Xuño 2019
Passage between the bookcases in the library

20190626

Até 40 concellos de toda Galicia van ter acceso a medio millón de euros en investimento para mellorar as súas instalacións culturais. Esta é a contía de axudas que vén de publicar no DOG a Consellería de Cultura e Turismo: unha resolución de investimentos que dá prioridade aos termos municipais con menos poboación, procurando o “reequilibro territorial en materia de acceso á cultura”. Os Concellos da Pobra e Porto do Son están entre os beneficiados destas subvencións.

Todos os proxectos subvencionados deberán desenvolverse en espazos nos que teña lugar “unha programación estábel” de actividades culturais (bibliotecas, casas e pazos da cultura, locais e centros socioculturais, auditorios, casas da xuventude etc). Entre as actuacións que se levarán a cabo ao abeiro desta orde están as melloras nas instalacións, a supresión de barreiras arquitectónicas, a adquisición de equipamento audiovisual ou a compra de material escénico, entre outras.

No caso da provincia da Coruña, a partida achegada pola Xunta é de case 110.000 euros, os cales se repartirán entre os concellos de Bergondo, Touro, Boqueixón, Dodro, Lousame, Mañón, Porto do Son, Padrón, Pobra do Caramiñal, Narón, Miño, Malpica de Bergantiños e Oza-Cesuras.

A axuda máxima para cada beneficiario é de 30.000 euros, que en ningún caso poderá exceder o 90% do orzamento total do proxecto subvencionábel.

Outros artigos

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

Os montes quéimanse por falta de compromiso das diferentes Administracións Públicas. A comezos de cada verán repítese a mesma película, lume e destrución da contorna natural por falta de prevención. A Xunta de Galicia, así como cada un dos Concellos e Mancomunidades...