A comarca celebra este 28 de xuño o Día da Liberdade Sexual

26 Xuño 2019

20190626 Este venres 28 de xuño celébrase no mundo o Día da Diversidade Sexual, e o Barbanza non vai ficar á marxe das celebracións. De feito, media ducia de concellos sumáronse á campaña Liberdade de ser e sentir!, que puxo en marcha a Deputación da Coruña para conmemorar a dita xornada e reivindicar as diferentes identidades sexuais e a comunidade LGTBQI. Á campaña, que ten web de seu (www.seresentir.gal, unha canle activa de divulgación e formación que pon o foco na mocidade e que fornece á rapazada de todo de recursos literarios e cinematográficos de sensibilización) e que colle impulso hoxe na Coruña con diversos espectáculos, adheríronse A Pobra e Rianxo. E tamén Lousame, Porto do Son e Noia. En total, máis de 39 concellos.

A iniciativa xa leva días circulando polas redes co cancelo #seresentir. A imaxe escollida para esta edición está baseada nunha estética graffiti como “elemento reivindicativo por excelencia, sinónimo de liberdade e libre pensamento, conceptos moi vinculados coa campaña”, segundo explicou os días pasados a Deputación, que engadiu que o lema Liberdade de ser e sentir! quere ser un berro para reivindicar o dereito á liberdade sexual e á tolerancia das persoas.

A iniciativa complétase con accións dirixidas a xerar na sociedade, especialmente na mocidade, valores como a tolerancia e a igualdade das persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, queer e intersexuais, co fin de naturalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais e visualizar a comunidade LGTBQI+.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.