Ramiro Ouviña Ouviña – Bloque Nacionalista Galego

22 Maio 2019

No punto de mira da candidatura de Ramiro Ouviña está a creación de empendemento (con especial atención á mocidade e ás mulleres), a atención á cidadanía (traballando por unha Pobra “das persoas, peonil, accesíbel e segura”) e a aposta pola solidariedade, a participación e os servizos sociais de calidade.

Ramiro é capitán da mariña mercante, con experiencia na navegación de todo tipo de buques, pero con especial presenza ao mando de petroleiros. A día de hoxe xubilado, a súa relación co nacionalismo galego vén de lonxe, pero a partir dos anos 90 fíxose máis estreita, entrando pouco máis tarde nas listas do BNG, partido co que se presentou aos anteriores comicios locais.

A cabeza de lista está composta por Ramiro Ouviña Ouviña, Cristina Andrade González, Laura Novelle López, Alicia Miguéns Vila, Manuel Fernández Fernández, Mercedes Maceiras Rodríguez, Xosé Mª Abuín Noya, Ana Rosa López Davila, Ramón Míguéns Romero e Natividad Peña Fernández.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.