José Manuel Vilas – PSdG- PSOE

21 Maio 2019

José Manuel Vilas, candidato ribeirense do PSOE, manifestou o seu interese de loitar a prol da transparencia, da participación e de devolverlle a voz á cidadanía en materia de vida pública. O grupo do PSOE local queren dar unha viraxe ao rumbo seguido por Ribeira nas lexislaturas recentes, un cambio de dirección que teñen “moi claro” de que maneira debe darse e cara a onde: cara ao emprego, o emprendemento, as oportunidades para as empresas (co novo polígono industrial no punto de mira), a mellora nos accesos e a loita contra o despoboamento.

Acompañan a José Manuel Vilas os seguintes cabeza de lista: Rita Rial, José Manuel Suárez-Puerta, Paula Pérez, Herminio Caamaño, Dolores Fernández Guillán, Manuel García, Eva Castro Calo, Emilio Pérez Calviño, Pilar Dios Arestín e Francisco Martínez Romero.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.