“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

01 Maio 2024

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como “a Lei Fraga de liberdade de prensa”.

Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco Franco-  saltou polos aires e diante de todo o plantel de redación do xornal “Madrid, a estrutura do edificio que acubillaba as arelas de liberdade informativa que non daba chegado malia o labor que no centro de traballo se desenvolvìa. 

Previamente á  voadura (25 de novembro de 1971) o xornal fora pechado polo goberno franquista por un suposto incumprimento desa recente lei de 1966. 

O “Madrid”, sen dúbida era -foi- un opositor en pleno franquismo, onde se formaron trincheiras de ideoloxías (intereses?) falanxistas e do Opus Dei. Miguel Ángel Aguilar e Nativel Preciado, entre outros, formaron parte daquela redación que informaba do que realmente acontecía en España, saltando por riba da ditadura franquista no seu afán de informar dende un xornalismo pouco ou nada “doméstico”.

A Lei Fraga, que anulaba a censura previa, nunca foi unha verdadeira “lei de liberdade de prensa”, pero o xornal “voado” mediante o uso de dinamita, foi o berce no que se criaron sentimentos antifranquistas sancionados en 17 ocasións e con catro peches do xornal entre 1966 e 1971. 

Agora, en pleno século XXI (a 58 anos da promulgación da devandita Lei Fraga de “liberdade” de prensa) ventean sinais de control de determinados medios de comunicación coa intención de eliminar os libelos, rematar cos bulos e “amordazar” pseudos xornais máis ou menos panfletarios, acollidos satisfatoriamente por uns lectores entregados á causa abertamente. Son medios que reciben importantes “axudas” económicas non sempre xustificadas axeitadamente, que só contribùen á causa de moi concretos partidos.

Por este motivo, o presidente nacional do PP e expresidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo, considerou chegado o momento de dicir o que en Galicia nunca dixera durante as algo máis de tres lexislaturas que permaneceu no complexo gobernativo de San Caetano, en Santiago de Compostela: “Si á prensa libre”. 

Obviamente nada deixou claro a respecto de cal é para el a “prensa libre”, porque durante o seu mandado na Xunta naceron as protestas dos xornalistas da CRTVG (protestas que continùan anos dempois co referente dos “Venres Negros”) e mesmo chegou a se pechar Cuac Radio uns meses sen que, nen nun nen noutro caso, Núñez Feijoo dera un paso avante na defensa da prensa libre que actualmente semella defender. Tampouco fai mención aos traballadores dos medios de comunicación da Xunta removidos ou sancionados por se negaren a atender determinadas informaciòns contrarias ao goberno galego ou ao partido que sustenta ao mesmo. Ao mellor, nos partidos políticos a campá marca a hora do raciocinio e apoian as pretensións dos xornalistas de informar libre e verdadeiramente dos acontecementos comezando, por exemplo, por non coartar a súa liberdade de preguntar nunha rolda de prensa convocada en tempo e forma. Sería un paso firme para evidenciar esa crenza na prensa libre (partindo do feito de que se non é libre, non é prensa). 

Outros artigos

“Churros”. Xulio Xiz

Sei que as pesetas como moeda non existen desde hai máis de dùas décadas pero non poido, cuestión da idade, sustraerme de calcular equivalencias, e de asombrarme de ter pagado en festa romana 1.000 pesetas por unha ducia de churros. O churro era a unidade...

+

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...