O Laboratorio Ecosocial do Barbanza e Montescola convocan máis xornadas de voluntariado polo bosque autóctono nos montes de Araño, Leiro e Taragoña

07 Maio 2024

Tralo éxito de participación das últimas actividades convocadas noutras localizacións do Barbanza, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza presenta cinco novas xornadas de voluntariado para eliminar especies exóticas invasoras e recuperar o bosque autóctono nos montes de Rianxo e outros puntos da comarca.

A data máis próxima é este sábado 11, cando terá lugar nos montes de Araño unha xornada de eliminación de acacias.

Segundo informan dende o Laboratorio Ecosocial do Barbanza, impulsado pola Fundación RIA, esta xeira de traballo participativo permitirá as persoas voluntarias aprender a descascar acacias para evitar a súa proliferación no monte e a realizar traballos de consolidación das masas de arborado nativo.

Montescola –entidade a cargo das actividades de prospectiva comunitaria, voluntariado e educación medioambiental do Laboratorio– conta coa colaboración nesta xornada da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Araño e do Concello de Rianxo para a súa difusión.

A actividade comeza ás 9.30 da mañá e está aberta a todos os públicos e idades. É necesaria inscrición para participar, que deberá realizarse enviando un mail a info@montescola.org antes do xoves 9. Ao rematar os traballos ofrecerase xantar de albaroque para as persoas participantes.

Organiza Montescola, a través do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, coa colaboración da CMVMC do Araño e o apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO).

Ademais de en Araño e sen saírnos do territorio rianxeiro, tamén están programadas xeiras de traballo voluntariado nos montes de Leiro e Taragoña.

Outros artigos

Luns 20 con ceo cuberto na comarca e temperaturas sen cambios

O luns comeza con ceos parcialmente nubrados sen descartar algunha chuvia feble ao norte. Pola tarde, medrarán nubes de evolución que poden derivar en algún chuvasco, máis probable en comarcas do interior. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión