O alumnado de Tahume IX puxo a punto o parque de San Roque e o Campo da Feiteira, en Ribeira

05 Maio 2024

O alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume (edición IX) estivo a traballar a pasada semana no acondicionamento do parque periurbano de San Roque, en Ribeira, e no mantemento do céspede do Campo de Fútbol da Fieiteira, tamén en Ribeira.

Como lembrarmos, o Obradoiro de Emprego Tahume, que vai pola súa IX edición xa prepara unha décima convocatoria, vén da man dos Concellos de Ribeira e Porto do Son e ten o obxectivo compartido de favorecer a inserción laboral da poboación dos ditos municipios que se atopa en situación de desemprego.

Ademais, dos traballos realizados os a comezos de maio en Ribeira (no parque de San Roque e na Fieieira), as e os participantes na modalidade de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes realizaron o acondicionamento de camiños na parroquia de Baroña. A maiores, o alumnado da modalidade de Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería puxo a punto as zonas verdes do Centro de Día de Porto do Son.

As especialidades impartidas nesta convocatoria de Tahume son: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. O alumnado da novena edición de Tahume (20 persoas demandantes de emprego, 10 por cada un dos concellos organizadores) conta coa axuda dun director de obradoiro, dous mestres para ambas especialidades e un titor.

Os días pasados ambos Concellos (Porto do Son e Ribeira) confirmaron que van seguir xuntando forzas para dar continuidade ao Obradoiro de Emprego cunha nova edición do mesmo, Tahume X.

Outros artigos

Luns 20 con ceo cuberto na comarca e temperaturas sen cambios

O luns comeza con ceos parcialmente nubrados sen descartar algunha chuvia feble ao norte. Pola tarde, medrarán nubes de evolución que poden derivar en algún chuvasco, máis probable en comarcas do interior. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión