Noia acolle este sábado o II Encontro Cultural de bandas en homenaxe a Miguel Fernández Pestonit

03 Maio 2024

Esta fin de semana celébrase o II Encontro Cultural no Coliseo Noela de Noia. Será este sábado 4 de maio as 20:00 h. Esta quedada de bandas irá adicada nesta convocatoria a render homenaxe a Miguel Fernández Pestonit, un dos fundadores da Banda de Música Noia. Contarase con grandes convidados, como por exemplo a Banda de Música Maestro Nacor Blanco, Zamora, a quen os músicos locais puideron visitar na súa sede zamorana o ano pasado.

Como lembraremos Miguel Fernández Pestonit foi o director da Banda Municipal de Música de Noia dende os seus inicios, hai xa catro décadas (concretamente dende 1984). Foi xoieiro de profesión, moi querido e lembrado na súa vila, e tamén un importante intérprete e formador musical.

Outros artigos

Luns 20 con ceo cuberto na comarca e temperaturas sen cambios

O luns comeza con ceos parcialmente nubrados sen descartar algunha chuvia feble ao norte. Pola tarde, medrarán nubes de evolución que poden derivar en algún chuvasco, máis probable en comarcas do interior. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión