Rueda participa na toma de posesiĆ³n dos delegados territoriais e demais altos cargos da Presidencia da Xunta

25 Abril 2024

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, participou na toma de posesiĆ³n dos novos delegados territoriais e demais altos cargos da presidencia da Xunta de Galicia.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, deulle a benvida a sete dos novos altos cargos que tomaron posesiĆ³n este xoves: os catro delegados territoriais e tres altos cargos da Presidencia.

A todos eles trasladoulles a mesma mensaxe que lanzou aos seus conselleiros hai dez dĆ­as, animĆ”ndoos a superarse e a mellorar: “Sempre hai que tentar mellorar, dĆ­goo por min e por todo o mundo”.

Durante un breve discurso de benvida, nun dos salĆ³ns do complexo administrativo de San Caetano, o presidente agradeceu que tanto os novos cargos como os que repiten aceptasen a responsabilidade. TamĆ©n agradeceu Ć”s sĆŗas familias, que os acompaƱaron no acto, que deixasen “por un tempo” aos seus seres queridos Ć” administraciĆ³n, xa que se trata dun traballo moi demandante e esixente.

Sobre os nomeamentos e as recolocaciĆ³ns, Rueda asegurou que “o estilo Galicia” invalida o aforismo que sostĆ©n que o que funciona non hai que tocalo, porque no caso galego “Ć”s veces hai que tocalo e trasladalos” (a outros postos), dixo.

Deste xeito explicou que o servizo pĆŗblico demanda “estar en cada momento onde poidas facer mellor un traballo”, polo que salvo algunhas persoas que por motivos persoais decidiron non seguir todos os que deixan unha responsabilidade pasarĆ”n a ocupar outra.

“No meu caso, ademais, non adoito practicar esa maneira de facer nomeamentos espectaculares que dan que falar e logo esquĆ©cense, e que ao dĆ­a seguinte de ser nomeado hai que traballar e por iso os cargos que nomeei teƱen moita experiencia. AlgĆŗns, mesmo, decidiron aceptar deixar postos mĆ”is cĆ³modos ou menos problemĆ”ticos e eu agradĆ©zollo”.

Rueda tivo palabras especĆ­ficas para oĀ novo secretario xeral de Medios, Pedro Rojo, de quen destacou que Ć© “un home organizado, afable, con moita visiĆ³n e intelixencia”. TamĆ©n para Isabel Concheiro, a responsable da recentemente creadaĀ DirecciĆ³n Xeral de Asuntos ConstitucionaisĀ e desenvolvemento lexislativo, unha Ć”rea “oportuna” e “mĆ”is nesta semana”,Ā tras o pau do TC ao Goberno pola lei do litoral.

A JosĆ© Manuel Merelles, que repite Ć” fronte da Axencia de Turismo, lembroulle que “ten moitos retos por diante: Imos ben, pero podemos ir moitĆ­simo mellor”.

TamĆ©n tomaron posesiĆ³n dos seus cargos este xoves catro delegados territoriais: A CoruƱa, BelĆ©n do Campo, que volve ocupar o cargo tras anos na ConsellerĆ­a de Medio Ambiente; Ourense, Manuel Pardo e Lugo, Javier Arias, que repite, do mesmo xeito que a responsable en Ferrol, Martina Aneiros.

Entre outras autoridades, asistiron ao acto o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo; a conselleira de Medio Ambiente, Ɓngeles VĆ”zquez; a conselleira de PolĆ­tica Social e Igualdade, Fabiola GarcĆ­a; o presidente da DeputaciĆ³n de Ourense, Luis Menor e o alcalde de Ferrol, JosĆ© Manuel Rey.

Outros artigos

Bretal acolle este mes o III Torneo Terra Batida A Devesa

Os concelleiros de Xabier Vidal e Fernando Abraldes presentaron este xoves 9 de maio, xunto a Juan FernƔndez e Juan Francisco, o III Torneo de Terra Batida A Devesa, que se celebrarƔ do 17 de maio ao 30 de xuƱo en Bretal. No evento haberƔ categorƭa individual...

+
ļ€¾

Publicidade

ļ‡Ŗ

Revista en papel

ī„

OpiniĆ³n