A Aula CeMIT de Ribeira formará á cidadanía en eAdministración, xestión empresarial, ecommerce e mercadotecnia

09 Maio 2024

O segundo tenente de alcalde de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta e o concelleiro Fernando Abraldes presentaron este xoves 9 de maio os novos cursos de capacitación tecnolóxica que se desenvolverán na Aula CeMIT municipal durante os meses de maio e xuño, en horario de mañá, organizados pola Concellería de Novas Tecnoloxías. Porán o foco no uso das ferramentas de Google, na xestión empresarial con novas ferramentas, na mercadotecnia (marketing), nas mellores técnicas para vender en Internet e en como tirar proveito das ferramentas da eAdministración (Administración Electrónica).

“Estes cursos están pensados para facilitar ás empresas de Ribeira as ferramentas necesarias para a súa dixitalización”, explicou o concelleiro de novas tecnoloxías, Suárez-Puerta.

As actividades que se impartirán serán as seguintes:

– Ferramentas de xestión e comunicación I: Gmail, Google Meet, Drive e Calendar, o 24 de maio.

– Ferramentas de xestión e comunicación II: Google Sites, Trello e Slack ,o 24 de maio.

– Ferramentas de xestión e comunicación III: mercadotecnia por email, CRM e facturación, o 31 de maio.

– Marketing dixital I, como crear unha marca, o 31 de maio.

– Marketing dixital II: crear contidos de valor, promoción a través de FB e IG, e análise de indicadores de resultado, o 7 de xuño.

– Marketing dixital III, SEO, SEM, Google Analytics e Google Ads, o 7 de xuño.

– Comercio electrónico I, introdución ao comercio electrónico, o 14 de xuño.

– Comercio electrónico II: como vender os teus produtos en marketplaces e crear a túa propia tenda en liña, o 14 de xuño.

– Administración Electrónica: DNIe, certificado electrónico e sinatura electrónica, o 21 de xuño.

As inscricións poderanse realizar a través do correo cemit.ribeira@xunta.gal ou ben mediante o teléfono 981876043.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.