O PP de Ribeira pedirá en pleno a posta a punto urxente do paseo do río Artes-Sanchanás

26 Abril 2024

O PP de Ribeira, a través do concelleiro Manuel Vicente Reiriz Bretal, presentou un rogo para ser tratado no pleno da Corporación relativo ao estado no que se atopa o paseo fluvial do río Artes-Sanchanás, na parroquia de Artes. Os populares explican na súa proposta que é urxente mellorar a limpeza, o mantemento, a accesibilidade e a seguridade da dita contorna ambiental, e tamén sinalan que o desleixo no que atopa o paseo “é un exemplo claro da falta de mantemento nas parroquias”.

O edil lembra no que rogo que o paseo “foi traído a este pleno por outros partidos no pasado poñendo o acento na necesidade de evitar infortunios persoais e de manter en condicións un dos espazos naturais más concorridos do noso municipio polo que pasean numerosas veciñas durante todo o ano”. Porén, di, a situación actual deste espazo de lecer ambiental mostra unha “falta de limpeza no propio curso do río, exceso de vexetación nos camiños, pasarelas de madeira rotas e descolocadas, cartelería en mal estado ou ausente e paneis ou estado deficiente do pavimento”. Estas, din, “son algunhas das múltiples eivas que atopamos nun paseo rutineiro ao longo do río polo que, por certo, realízanse andainas grupais con moita frecuencia”.

Por todo o exposto anteriormente, o PP solicita “a posta a punto do sendeiro do río Artes facendo as reparacións oportunas e necesarias para que estea en óptimas condicións nas vindeiras datas de bo tempo na que será utilizado con máis frecuencia para desfrute da veciñanza e de visitantes”.

Outros artigos

Domingo regresa o sol e empeza a subir a temperatura

Na xornada do domingo seguiremos con aire frío en altura xerando inestabilidade atmosférica. Unha situación que favorecerá a formación de chuvascos, localmente treboentos, máis probables e frecuentes no interior e nas horas centrais do día. As temperaturas mínimas...

+

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...