Lousame inaugura unha mostrasobre a vida e obra de Zernadas de Castro

18 Maio 2024


Medio cento de persoas asistiron á tradicional ofrenda floral ante o busto do escritor no adro da igrexa de Fruíme

O Concello de Lousame aproveitou a tradicional ofrenda floral a Diego Antonio Zernadas de Castro para inaugurar unha exposición sobre a súa vida e obra coa que volve reivindicar que se dedique un Día das Letras Galegas ao cura de Fruíme. Medio cento
de persoas acompañaron esta mañá á concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, durante os actos conmemorativos que tiveron lugar este mediodía no adro da Igrexa de Fruíme.
Uns actos, organizados polo Concello de Lousame e a Asociación de Veciños Cernadas de Castro de Fruíme, que comezaron cunha serie de obradoiros culturais para os nenos e nenas da parroquia. A iso das 13:00 horas, unha ducia de nenos e nenas deron lectura dunha serie de poemas e dous deles protagonizaron a ofrenda floral diante do busto de Zernadas de Castro. Un acto no que rematou cunha actuación musical da Asociación Cultural O Son do Pote, cun anaquiño de rosca cortesía da AAVV Cernadas de Castro.
A exposición consta dunha serie de paneis informativos que reivindican a figura de Diego Antonio Zernadas de Castro (1702-1777) como “o primeiro precursor do galeguismo”, como defendeu Silvia Agrafojo, quen lembrou que “en plenos Séculos Escuros, a duras penas cóntanse cos dedos dunha man os sabios ilustrados de calquera campo que floreceron no noso pais: Frei Martín Sarmiento, o Pai Feijóo, Zernadas, José Cornide e pouco máis”.
Exposición
De feito, na exposición lémbrase que Zernadas foi un precursor do Galeguismo porque a defensa de Galicia palpita con paixón en boa parte dos seus escritos, tanto en prosa como en verso, nos que ademais de describir con amor e realismo a situación da Galicia do seu tempo, sae en defensa da súa terra contra os prexuízos, malentendidos e erros que adoitaban ter as persoas e colectivos daquela época, especialmente na Corte Española.
A mostra salienta que Zernadas foi un namorado orgulloso da súa terra, defensor sen concesión da súa cultura ultraxada un século antes de Murguía, Rosalía, Pondal ou Curros. E todo iso dende unha aldea afastada na que non descoidou a atención aos seus fregueses, a quen non so axudaba desde o púlpito ou o confesionario, senón tamén suando na leira, pois el foi quen introduciu o cultivo do millo en Fruíme e ensinou aos seus habitantes a cultivalo.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.