“Aprobado alto dos galegos para o sistema sanitario da Comunidade Autónoma”. Antón Luaces

20 Abril 2024

En 2022, os galegos valoraron con 6,5 puntos sobre 10 o sistema público de saúde da comunidade autónoma de Galicia. Foi este o último barómetro sanitario do Centro de Investigacións Científicas (CIS). Malia os datos que outorgan este aprobado alto ao sistema, o cadro sanitario galego presentaba unha faciana relativamente san en comparanza con outras comunidades españolas, aparecendo na media ou mellor da media do Estado. Unha valoración, aquela de 2022, que para nada se corresponde coa que fan os profesionais que prestan os seus servizos nos centros sanitarios dos que dispoñemos aquí e que, obviamente, xulgan dende o que son as necesidades inherentes aos servizos que prestan, polos que detectan a realidade do que acontece, lonxe do agradecemento pola atención recibida dos profesionais por parte dos doentes, defensores a ultranza da sanidade pública e gratuita.  

Para nos pór en contexto, compre dicir que Galicia conta con algúns dos centros de referencia en todo o país. Os seus xestores cren, non obstante,  que en moitos eidos a sanidade galega (da que se responsabiliza a Xunta a través do SERGAS) debe mellorar. De xeito especial, a atención primaria e o modelo de xestión.

Como dicía, os galegos valoraron daquela (ano 2022) con 6,5 puntos sobre 10, o noso sistema público de saúde, que foi dun 7,46 no ano 2019, previo á pandemia.

As listaxes de espera para unha primeira consulta da atención especializada non superan -na teoría- os 60 días, agás traumatoloxía e cardioloxía , que non baixan dos dous meses e medio. A demora é menor en áreas como as de oftalmoloxía, dermatoloxía, dixestivo, radioloxía e uroloxía, segundo os datos recompilados polo Ministerio de Sanidade.

Esas listaxes de espera na área cirúrxica son inferiores en Galicia en todas as especialidades agás na cirurxía pediátrica, e só superan de media os tres meses nesta área  e nas de traumatoloxía e neurocirurxía, sempre segundo a citada fonte. Nas previsións da Xunta para o ano 2023 figuraba un plan para reducir un 23% as listaxes de espera en consultas e probas e un 26% en operacións, o que suporía -no caso de ter cumpridas tales previsións- realizar 4.250 operacións adicionais, sobre todo polas tardes, co que se rebaixarían ás cifras de espera previas á pandemia.

En atención primaria as listaxes de espera están actualmente entre 4 e 7 días, con diferenzas notables entre centros de saúde e polos cupos de doentes dos médicos.

Un acordo de xestión entre o SERGAS  e os profesionais é que o 90% das esperas para unha consulta ou renovación de receitas en atención primaria sexa de menos de catro días (que non se cumpre, en moitos casos).

A taxa de persoal médico e de enfermaría en atención especializada subía un 2,1% nos médicos e o 3,83% en enfermeiros por cada 1.000 habitantes, mais a curva non millora do mesmo xeito na atención primaria (unha tendenza común en case que todas as autonomías).

A Xestión Integrada dispón en Galicia de sete estruturas: Área sanitaria da Coruña e Cee; área de Santiago e Barbanza; área de Ferrol; área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; área de Pontevedra e O Salnés; área de Vigo, e área de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. As respostas destes centros ás demandas dos doentes son moi dispares. 

 O cariñés Emilio Pérez Novo, técnico do CHUAC que leva anos reivindicando unha sanidade pública, universal e gratuita, coida que “os recurtes, as privatizacións, a insultante politización da xestión, a falta de transparencia e, se non hai máis remedio, o cambio de modelo que a Xunta pretende perpetuar, ameazan o sistema sanitario público galego”. 

En declaracións a este xornal, Pérez Novo manifestou que “o laboratorio do neoliberalismo económico FAES segue funcionando. Teñen secuestrada a sanidade pública, esta é a auténtica realidade. O que temos son uns profesioinais impecables que non deixan de loitar contra os elementos. O que non sei é ata cando. E mentres, 400 dias de espera para ser revisado por cancro: a realidade das listas de espera en Galicia”. 

Corrixe Emilio Pérez Novo algúns datos: “A información oficial asegura que o tempo medio para operar é de 66 días; pero hai 47.046 persoas en lista de espera. Santiago e A Coruña son as zonas máis afectadas”.

A realidade desta sanidade pública galega é a que perciben os seus usuarios ou a que viven a cotío os profesionais que a practican?. Por que estes rexeitan a realidade que din “vivir”, e os presuntos “beneficiarios” aparentan estar conformes coa prestación dun servizo “universal” que o colectivo sanitario critica maioritariamente?.

Outros artigos

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

+

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...

+

“Si á prensa libre en España”. Antón Luaces

O 8 de abril de 1966 entrou en vigor a Lei 14/1966, de 18 de marzo, de Prensa e Imprenta que o mundo do xornalismo da época coñeceu en España como "a Lei Fraga de liberdade de prensa". Non houbo tal: o 24 de setembro de 1973 -dous anos antes de que finara Francisco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

“Tomadura de pelo en prime time”. José Antonio Constenla

Hoy ha triunfado el amor, no podía ser de otra manera. Porque, ¿existe alguienque, al igual que Pedro Almodóvar, no haya llorado “como un niño” después deleer la carta a la ciudadanía o escuchar la intervención del presidente de ayer?A veces pienso que somos unos...