A banda de rock Forraje regresa aos escenarios cun concerto na Festa do Carme dos Pincheiros da Pobra

19 Abril 2024

O mundo do rock está de sorte co regreso de Forraje aos escenarios. En 2015 publicou o disco de despedida Quince duchas de agua helada, pero agora a banda volve renovada e con novas cancións.

E, como boa nova para as persoas seguidoras da formación, xa hai data: será no 16 de agosto, cun concerto que se ofrecerá na praza Alcalde Segundo Durán, dentro da programación da Festa do Carme dos Pincheiros da Pobra do Caramiñal. Nesta sesión musical contarase tamén coa actuación de Toboghán.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, explica que “este é un adianto da axenda coa cal contaremos para unha das celebracións máis importantes da nosa localidade durante o verán. Trátase do regreso, nin máis nin menos, dunha banda de rock con gran repercusión no panorama musical español e non hai mellor maneira para facelo ca na súa casa, na Pobra do Caramiñal.”

Neste 2024, a agrupación liderada por Antonio Suárez, LÜlu, xa comezou a sacar singles que irán vendo a luz regularmente ao longo do ano. O primeiro: Queriéndome a solas, dispoñible dende o día 15 de marzo en tódalas plataformas dixitais acompañado dun videoclip. Durante a súa carreira, Forraje publicou catro discos de estudio (Estoy Que Muerdo, 2003; Diario de un alma rota, 2006; Retales de vino y luna, 2009; e Quejidos que no escucha nadie, 2013) e o CD+DVD en directo xa mencionado (Quince duchas de agua helada, 2014).

Outros artigos

Sábado seguen as choivas mais intensa de madrugada

O sábado Galicia estará baixo a influencia dunha borrasca que se moverá polo noroeste, preto da nosa Comunidade. Unha situación que traerá chuvias, máis persistentes e intensas durante a mañá. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. O vento soprará de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...