Comunicado da Cofradia da Dorna sobre o cambio de festivos

17 Outubro 2020

No día de onte, tívose coñecemento na Cofradía da Dorna, da proposta que o grupo de goberno ribeirense contempla para a elección de festivos locais no vindeiro 2021 na que non se contempla o 24 de xullo como festivo local.

Sorprende como dende o grupo popular sempre buscan esquivar que o 24 sexa festivo local, “sempre teñen o ás para matar o tres”, non é moi coherente que o alcalde sempre veña presumindo do dorneiro que é, de cando non había dorna e se facía na súa finca “a dorniña” e que incluso fose distinguido coa poutada de ouro, pero en cambio non predica moito co exemplo.

Durante moitos anos houbo que traballar moito para aconsecución da nosa festividade como festivo local, cando parecía que xa o tiñamos conseguido queren volver botárnolo abaixo, é por iso polo que desde esta asociación teremos que estar sempre vixiantes e reivindicativos coa nosa petición.

O 27 de xullo de 2015 aprobábase no pleno municipal que o 24 de xullo sempre sería festivo local, agás cando coincidise en domingo, 

Aos grupos da oposición pedímoslle que se comprometan publicamente a defender e manter a festividade local do 24 de xullo, e que ningún se despite e se faga un lío nas votacións, como xa ten pasado. Ao Partido Popular que deise de dar unha de cal e outra de area, que deixen de ser dorneiros para quitar a foto e por outro lado estar constantemente boicoteando a declaración de festivo local.

Por último, solicitar o apoio popular para reivindicar unha vez máis que 24 de xullo ten que ser festivo local, por ser a data que mellor representa e identifica a idiosincrasia das e dos ribeirenses.. Desde esta entidade solicitaremos, dacordo co que recolle o regulamento de participación cidadá, intervención no pleno no que se trate o tema.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...