“A 20 días vista” – Xulio Xiz

30 Xaneiro 2024

Hai anos, os negocios entre empresas e particulares facíanse a través de letras de cambio negociadas polos bancos que, previo pago, adiantaban o diñeiro aos libradores xestionando o pago polos librados. E as letras vencían en data fixa (xeralmente a trinta días), ou móbil, polo funcionamento das comunicacións, e en moitas ocasións o vencemento era “a oito días vista”, o que quería dicir que en canto a letra estivera na man do cobrador, presentáballa ao debedor e, unha vez vista, debería aboala aos oito días.

Esta columna publícase o 30 de xaneiro, polo que temos as eleccións a 20 días vista, contado o de hoxe e o das votacións. E aínda sabendo que nos quedan por recibir milleiros de notificacións, xa nos tarda o 18F para votar e volver á relativa tranquilidade que os tempos permiten, anceiando que pase axiña o trance porque xa pesa a campaña electoral aínda non iniciada.

As eleccións non se gañan no último repentón, e se se gañan é porque aínda somos novicios despois de case medio século de democracia. O votante informado, formado, non vota en base ás promesas da campaña electoral, porque nese terreo e nese tempo a todos se lles quenta a boca e as promesas soños son. O voto temos que depositalo conscientes, seguros, libres; en base ao coñecemento e á experiencia; en base aos feitos, o traballo e a honradez; ao comportamento e ás traxectorias persoais. Se fose así, as campañas só serían unha obriga legal informativa como complemento á experiencia de cada quen.

Temos que votar con sentidiño, sabendo o que nos xogamos co noso voto. Temos vinte días para cavilalo porque, vistas xa todas as letras, só nos falta pagalas coa moeda do voto.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.