O PP mantería a maioría absoluta en Galicia, segundo a enquisa de GAD3

29 Xaneiro 2024

PP mantería a maioría absoluta en Galicia, segundo unha enquisa de GAD3 que publicou hoxe ABC.

Os populares obterían máis dos 47 % dos votos: entre 39 e 40 escanos. Aínda que perden deputados respecto ao resultado actual, quedarían, como mínimo, un por riba da maioría absoluta.

Segundo GAD3, o PSdeG-PSOE conseguiría o 16,5 % dos sufraxios e lograría 12 ou 13 representantes nas eleccións do próximo 18 de febreiro.

A formación política que sairía reforzada claramente nos próximos comicios galegos sería o BNG, pois segundo GAD3 tería a confianza do 29,6 % dos electores e alcanzaría os 23 representantes fronte aos 19 que conseguiu en 2020 co 23,8 % dos votos.

Da enquisa tamén se desprende que non entrarían forzas novas no Parlamento galego. Non terían representación Sumar, Vox, Podemos nin Democracia Ourensana.

Por provincias

A Coruña aparece como a que máis apoios outorgaría a PP e a BNG, con 13 e 8 escanos respectivamente, onde, por contra, o PSdeG-PSOE só obtería 4. En Pontevedra o PP lograría entre 10 e 11 representantes por 7 do BNG e entre 4 e 5 o PSdeG-PSOE; mentres que en Lugo e Ourense obterían 8, 4 e 2, respectivamente.

Valoración dos líderes

O único que aproba é o líder popular, Alfonso Rueda, cun 5,3, seguido da candidata do BNG, Ana Pontón, cun 4,9; a continuación, o do PSdeG-PSOE José Ramón Gómez Besteiro, 4,5; Marta Lois (Sumar), 3,5; Isabel Faraldo (Podemos), con 2,6, do mesmo xeito que o cabeza de lista de Democracia Ourensá, Armando Follea.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...