Entregados os premios da novena edición de Barbanza Arousa +QTapas

29 Xaneiro 2024

Este luns 29 de xaneiro celebrouse a entrega de premios da edición do ano 2023 da Ruta de Tapas Barbanza Arousa, o certame +QTapas. O galardón de Ribeira foi dar ao Bar Plaza, rexentado polos irmáns Antonio. O gañador do concello de Rianxo foi O Guadalupe, no concello de Boiro impúxose Pik By Xoanes e no concello da Pobra do Caramiñal, O Galeón.

Segundo informou a Mancomunidade, a ruta é nunha iniciativa anual que se consolida ano tras ano e a través da cal ponse en valor a enogastronomía do territorio, enxalzando tanto os produtos do mar coma os viños da IXP Terras do Barbanza e Iria. “Trátase ademais dun produto desestacionalizador posto que ten unha grande capacidade de atracción da demanda en meses de tempada baixa, como é o mes de novembro”, sinalou a directiva da Mancomunidade.

Este ano, os premios aos participantes da ruta de tapas foron sorteados a través de tarxetas rasca e gaña coas que se podía ser agasallado con tapas noutros locais de balde e viños da IXP Barbanza e Iria do territorio como son Entre os Ríos, Saborido e Cazapitas.

Nesta IX edición da Barbanza Arousa +QTapas participaron 36 establecementos de hostalaría.

Tal e como indicou na entrega de premios Fátima Cachafeiro, xerente da mancomunidade, “chegáronse a vender ao redor de 9.000 tapas o que supón un impacto económico de máis de 40.000€ sumando a venda da tapa máis a consumición que acompaña”

O presidente da entidade e alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral, agradeceu a implicación e a participación e manifestou que “dende a Mancomunidade Barbanza Arousa estamos e estaremos ao lado da hostalería. Entre todos podemos xerar iniciativas e proxectos en colaboración que dean pulo ao noso empresariado e ao noso destino”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.