Arde unha nave no Polígono Industrial do Tambre de Compostela sen causar danos persoais

27 Xaneiro 2024

As lapas devoraron esta noite pasada unha nave no polígono industrial do Tambre, en Santiago. Pasadas as dez, o 112 recibía o aviso de que o lume ameazaba con espallarse rapidamente polas naves lindeiras.

O servizo de bombeiros compostelá empregou todos os medios dispoñibles para evitar que alcanzase unhas instalacións próximas repletas de pinturas e materiais inflamables.

O incendio quedou extinguido pasada a medianoite, pero a nave quedou destruída e un lateral derrubouse parcialmente, afectando outra nave. Non houbo danos persoais, pero os materiais son cuantiosos.

Segundo algunhas testemuñas, varias tomas de auga non funcionaban o que atrasou a intervención.

O lume iniciouse nunha nave sen actividade, que nestes momentos, estaba a ser acondicionada para unha nova apertura. 

O local, situado na Vía de Edison, no Polígono do Tambre, en Santiago de Compostela,  ardeu por completo e afectou a dúas naves lindeiras. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais.

Ao fío das dez e media da pasada noite, varios particulares contactaban co 112 Galicia para informar dunha nave ardendo no Polígono do Tambre, sen coñecer se habería xente afectada. A partir de aí, os xestores do 112 pasaron aviso aos Bombeiros de Santiago, á Policía Local, á Nacional e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade. Ademais, por se fose necesaria a súa intervención, informaron dos feitos ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como ao persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. 

Tras desprazarse decontado ao punto, os Bombeiros, unha vez controlada a situación, lograron a completa extinción do lume e procederon a refrixerar a zona. Así,  tras finalizar o seu traballo, indicaron que a nave na que se iniciara o lume, ardera na súa totalidade e que as dúas naves lindeiras tamén resultaran afectadas polos laterais. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.