“Carnaval ou entroido, entroidada”. Luís Celeiro

24 Xaneiro 2024

Dicíao aquel home que andaba arranxando, espelindo e renovando os resortes dos
colchóns, polos lugares máis afastados de Galicia. Daqueles colchóns de la de ovella ou de
carneiro, nos que poucos de vostedes, prezados lectores, se deitaron. Eran pesados como
corpos mortos, eran suaves e amorosos, moito máis agarimosos que os vellos almadraques
de follas ou de serdas dos ranchos mortos, daqueles porcos cebados que enchían de carne
as despensas das casas ricas e pola que devecían os máis pobres do lugar.
O reparador de xergóns paraba naquela casa que o acollía, contaba contos para as vellas e
metíalles medo aos nenos anunciándolles a chegada do apalpador. -Comede, rapaciños,
comede!, que vén o apalpador e debedes ter a barriga chea para que non vos leve con el.
Naqueles invernos de tanto frío, neve fóra e carambelos colgando das bardas do teito, os
sabañóns apoderábanse das mans da humanidade, que era libre unicamente polos
carnavais.
Polo entroido, era cando se podía ridiculizar aos cargos eclesiásticos e ao poder local, se é
que non coincidían. Nos días de carnaval está permitido que o pobo ría, que ande con
escaramuzas e que consuma, que gaste o que ten e se fai falta que pida un crédito. Iso, o do
crédito é o mellor, unha auténtica entroidada.
Os historiadores, sociólogos, antropólogos, menciñeiros, xornalistas, fotógrafos e moita
outra xente de ben, falan do carnaval como unha das grades festas de Galicia, unha festa
subversiva, na que, agora, nestes tempos dominados pola modernidade, participan os
políticos e gobernantes, cada un deles coa súa entroidada, con máscara ou sen ela.
Segundo a antropóloga Nieves Amado, a máscara é como o vencello que te une co
sobrenatural, na procura de afastar aos espíritos malos. Alguén pode pensar que nesa liña
está a convocatoria electoral do vindeiro mes de febreiro, aínda que Manuel Mandianes
mantén que “as orixes do carnaval son tan antigas como as orixes do rito e o culto aos
mortos”.
Once dos entroidos galegos teñen recoñecemento de interese turístico, un deles, o de Xinzo
de Limia, coas pantallas, é Festa de Interese Turístico Internacional, e outro, o de Verín, cos
cigarróns, é Festa de Interese Turístico Nacional. Agora. A Xunta de Galicia quere que o
carnaval galego sexa recoñecido como Ben de Interese Cultural (BIC), ao ser unha
celebración de carácter social, cultural e ociosa. Pola contra, hai quen pensa que a
oficialización pode ser a súa destrución.
Carnaval ou entroido, entroidada, di a Tía Manuela, mentres reflexiona sobre os textos e os
falares doutros pensadores novos e ilustres, como Xerardo Dasairas Valsa, Pedro Díaz de
Nocedo, Luisa Vila, Federico Cocho de Juan ou Xesús Salgado Álvarez, de Fradelo, en Viana
do Bolo, onde se cura moi ben a androlla, co aire puro que sopra a montaña.

Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.