O equipo de Goberno de Ribeira reúnese coa veciñanza de Corrubedo e O Caramecheiro para buscar solucións ás inundacións

24 Xaneiro 2024
Reunión coa veciñanza das rúas Delicias e Bos Aires en Corrubedo

Na tarde deste martes 23 de xaneiro o equipo de Goberno de Ribeira mantivo reunións coa veciñanza da parroquia de Corrubedo e do lugar do Caramecheiro co propósito de buscar solucións aos asolagamentos producidos de xeito regular polas fortes precipitacións.

Na parroquia de Corrubedo, os representantes do Concello mantiveron unha xuntanza coa veciñanza da rúa Buenos Aires e na rúa Delicias, que nas últimas semanas viron afectadas varias propiedades debido ás inundacións. O equipo de Goberno expresou toda a súa consideración e achegou alternativas e solucións a este problema que “se ven repetindo de xeito sistemático ao longo dos anos e sen que os anteriores gobernos lle puxeran solución”, explicaron, engadindo que “é preciso levar a cabo actuacións de recollida das augas pluviais da zona das Brañas, os Pozos e tamén da rúa xeral”, explicou o alcalde Luís Pérez. Tamén fixo saber que “imos mellorar a conexión da recollida de augas pluviais na rúa Buenos Aires mediante a instalación de máis sumidoiros que permitan evacuar a auga dun xeito máis efectivo nos momentos de máximas precipitacións”.

Segundo explicou o rexedor, o Goberno local xa se puxo en contacto co xefe da Demarcación de Costas “para expresarlle a necesidade de acometer unha nova actuación na canalización da praia e con vistas a evacuar unha maior cantidade de auga, para o cal xa temos a autorización”.

O lugar do Caramecheiro, en Ribeira, tamén sufriu inundacións debido a que na canalización de augas pluviais na zona non hai os suficientes sumidoiros. Na reunión coa veciñanza, o Executivo de Ribeira comprometeuse tamén a acometer melloras nas conexións e servizos básicos para evitar estes asolagamentos que se producen polas fortes precipitacións.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.