“Na percura de solucións á problemática dos mariscadores a pé” – Antón Luaces

23 Xaneiro 2024

Recoñecer oficialmente que o traballo  das mariscadoras a pé implica a existencia de enfermidades profesionais foi, e aínda é en boa medida, unha loita pechada entre o que di a medicina e o que a administración tardou tempo en ter en conta. Mesmo en debates que, fai anos, se celebraron en plenos do Congreso dos Deputados nos que só os parlamentarios galegos e bascos defenderon a necesidade do recoñecemento da enfermidade laboral derivada dese traballo que as mariscadoras galegas demandaban.

Agora, un programa de prevención dos trastornos músculo-esqueléticos no marisqueo a pé de Galicia vai permitir constatar que, efectivamente, o labor das mariscadoras e mariscadores a pé, leva a este importante colectivo de traballadores do mar galegos a múltiples riscos de seguridade e saúde derivados da carga física en situacións climáticas desfavorables, coa consecuente aparición de enfermidades profesionais e danos físicos relacionados co mantemento de posturas forzadas,a realización de movementos repetitivos e a manipulación de cargas.

Así se tira do antedito programa deseñado por FUNDAMAR co apoio da Xunta, que inclúe a elaboración de infografías, vídeos e charlas informativas a pé de praia para o sector galego. Porque os profesionais do sector do marisqueo a pé -como moi ben se sabe na comarca do Barbanza- realizan a súa actividade laboral durante todo o ano cunhas condicións de traballo adversas en moitas ocasións.

Os trastornos músculo-esqueléticos (TMEs) son considerados na “Estrategia Española de Seguridad y Salud en el Trabajo 2023-2027”, recentemente aprobada, como unha das áreas prioritarias a abordar para mellorar a saúde e seguridade laboral.

Con este proxecto de FUNDAMAR téntase promover a mellora da seguridade laboral a respecto das TMEs no sector do marisqueo a pé, así como a prevención de enfermidades profesionais incluíndo, nomeadamente, os trastornos músculo-esqueléticos que poden implicar.

Doenzas e lesións relacionadas cos músculos, tendóns, ligamentos, articulacións e ósos.   

É unha demanda formulada polas mulleres mariscadoras galegas durante anos que, finalmente, en boa hora foi atendida.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.