Martes a chuvia da paso o tempo seco e regresa o sol

22 Xaneiro 2024

O martes Galicia estará nunha situación intermedia entre as altas presións situadas no sur peninsular e unha borrasca ao norte de Escocia. Polo tanto, teremos ceo parcialmente cuberto pola mañá na metade oeste e con posibilidade dalgunha chuvia feble na franxa atlántica. No leste e interior do territorio o ceo quedará máis despexado co avance do día. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos e as máximas ascenderán lixeiramente.O vento soprará frouxo de componente sur con intervalos moderados no litoral.

A progresiva entrada de altas presións traerán sol e temperaturas primaverais ata principios de febreiro.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do noroeste á tarde e do noroeste á noite, forza 2 a 3 á mañá, 3 a 5 á tarde e 1 a 3 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá, 2.5 a 3.5 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.