A Asociación Cultural Quemaisten Teatro leva ao Elma a función “Sainetes” este 28 de xaneiro

27 Xaneiro 2024

A mostra de teatro afeccionado da Pobra do Caramiñal achegará ao público, este domingo 28, ás 19.00 horas, a terceira sesión da programación focalizada no Elma.

A Asociación Cultural Quemaisten Teatro, das Pontes, porá en escena Sainetes, composicións breves ou longas, xeralmente nun acto e de temas humorísticos, que reflicten os costumes populares e que se representaban antigamente a continuación dunha sesión de teatro. Os aquí presentes son obra do dramaturgo contemporáneo José Cedena, con O parque de María Risa; Peporro o do porro e os seus amigos da segu; A consulta do doutor Melquiades; e Un palillo pal diente.

Este ciclo está organizado pola Concellaría da Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, para “amosar e pór en valor o talento de compañías amateur nas artes escénicas”, nas palabras da edil Patricia Lojo.

O acceso é libre ata completa-la cabida da instalación municipal.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.