“Pescar lixo, obxectivo gobernativo incumprido por todos”. Antón Luaces

21 Xaneiro 2024

Escribo cando, en Santiago, o chamado de máis dun cento de entidades (confrarías de pescadores, organizacións ecoloxistas e profesionais, etc.) está a ser atendido por -aseguran arestora os medios de comunicación- milleiros de persoas que, con esta concentración/manifestación dan testemuño da súa disconformidade co desleixo das administraciòns -agás as  municipais- a respecto da problemática mariña posta de manifesto unha outra vez por unha  vertedura desa merda plástica que son os pellets caídos ao mar fronte a Viana do Castelo arredor do 13 de decembro pasado, cando só na mente -supostamente- do presidente da Xunta, bulía a idea de convocar as eleccións autonómicas galegas para o 18 de febreiro e estabamos a piques de entrar na celebración das festas de Nadal.

Descoñezo se ambos os feitos -eleccións e festas- tiveron un efecto disuasorio na Xunta para que esta non dera unha rápida resposta á situación orixinada en parte da costa galega pola aparición nesta de regueiros de granulados que evidenciaban que esta comunidade autónoma, unha outra vez estaba a ser contaminada desde o mar por unha materia perigosa que, convertida en micro ou nanoplásticos, pode ser engulida pola fauna mariña e entrar na cadea trófica afectando en primeiro lugar aos seres mariños e, por estes, aos seres humanos que os empregamos como medios sustentables.

Tan pertos estabamos das festas de Nadal e a tan só un paso do día no que os galegos imos elexir os deputados que, á súa vez, determinarán co seu voto quen vai gobernar o país galego, que é probable que fixeran que lles tremaran as pernas a aqueles que deberían dar a faciana polo seu partido político en data tan sinalada. Cavilarían que o millor era ollar cara outra banda e non marear o peixe non fora a ser que unha mala xogada botara por terra toda unha planificación de anos de goberno por unha cagada de boliñas que viñan en colectores a bordo dun buque de bandeira de conveniencia. Así non se activou a fase 2 do Plan de Emerxencias Mariñas e se derivou ao Goberno central a responsabilidade de loitar contra os pélets, eses minúsculos obxectos que voan e nadan ao tempo que contaminan un mar que os profesionais deste queren limpo, vivo e quen de producir peixe e marisco que eles capturan para que a cidadanía se alimente axeitadamente e, de paso, lles proporcione uns eurfos cos que seguir avante.

Trans Timmermans, que fora vicepresidente e responsable de sustentabilidade da Comisión Europea, dixera anos atrás -aló polo ano 2019, se non lembro mal- que “se non cambiamos o xeito de produción e utilización dos plásticos, en 2050 haberá máis plástico que peixes nos nosos océanos”.

Con actuacións como as da Xunta a respecto dos granulados do Toconao, seguro que sí. Por máis avións, submariños, drons, rovs e buques que se pidan ao goberno do Estado para loitar, disque, contra a contaminación dun mar que é de todos (aínda que a Xunta o adxudique, exclusivamente, ao goberno central… cando “os seus” non gobernan en España).

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.