O Concello boirense convoca un proceso selectivo para un docente de Cociña

15 Xaneiro 2020

O Concello de Boiro abre este xoves 16 o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria dun proceso selectivo dunha praza de docente, quen se encargaría de impartir a acción formativa Cociña, correspondente ao plan de Acción Formativa para Desempregados (AFD) 2019 que se desenvolverá no centro de formación e viveiro de empresas situado no polígono industrial de Espiñeira. Os interesados poderán formular as súas solicitudes nun período de dez días hábiles a través do Rexistro Xeral. As bases e a instancia desta convocatoria poden descargarse da páxina web www.boiro.org ou conseguirse na portaría da Casa Consistorial.

Os cursos AFD están indicados para mozos e mozas desempregados menores de 30 anos. Para participar nesta acción formativa é preciso ter a ESO ou Competencias Clave de nivel 2, inscribíndose a través da Oficina de Emprego.

O de Cociña iniciarase en febreiro e constará dunhas 830 horas, en horario de luns a venres, de 16.00 a 21.00 horas. No mes de marzo comezará o de Servizos de Bar e Cafetería, dunhas 650 horas e que tamén se impartirá polas tardes, no mesmo horario. Ademais da formación específica de cada especialidade, o alumnado disporá duns módulos de formación transversal sobre inserción laboral e sensibilización medioambiental, así como formación para a igualdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...