Juan A. Rey, xerente de Autos Dunas, visita a sede de AMBAR

19 Xaneiro 2024

Este venres 19 de xaneiro o Centro de Recursos da Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional, situado en Frións (Ribeira), recibiu a visita de Juan A. Rey, xerente de Autos Dunas de Ribeira, para coñecer en detalle os proxectos que se levan a cabo dende a asociación.

O Grupo Dunas é un Servizo Oficial de Peugeot e Kia e recentemente realizou a contratación dunha persoa con diversidade funcional contando co asesoramento e mediación da AMBAR, xa que ademais da atención e apoio que prestan dende os Centros de Día e Ocupacional, a asociación conta cun Servizo de Orientación Laboral no que hai unha bolsa de emprego con perfís diversos (con persoal cualificado) e un Servizo de Emprego con Apoio (ECA) a través do que acompañan e ofrecen apoio ás persoas e empresas nos procesos de inserción laboral e formacións prácticas. Entre outras accións, ofrecen orientación en canto ás medidas de contratación actuais (subvencións, incentivos, bonificacións, etc.), tipos de contratos e o procedemento para formalizalos. Tamén dispoñen cunha técnica en accesibilidade que leva a cabo as valoracións dos postos de traballo e adaptacións do mesmo.

Durante a visita, as responsábeis da asociación lembraban que foi o propio Juan A. Rey quen contactou por iniciativa propia con AMBAR para buscar persoal. Tras propoñerllelo ás persoas usuarias que cumprían co perfil e realizar a fase de entrevista, unha delas foi contratada. “Paréceme moi importante dar visibilidade, e que máis empresas da zona saiban que existe a bolsa de emprego. Igual por desinformación ou descoñecemento non contratan a persoas con diversidade. Nós, persoalmente, estamos moi contentos de dar o paso e realizar esta nova contratación,” afirmou Juan durante a súa estadía en AMBAR.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.