“Outra vaca no millo”. Luís Celeiro

18 Xaneiro 2024

Xuntáronse na cafetería (ou no bar) da esquina e cada unha delas falou do que lle pasaba e
do que sentía cando non entendía nada do que pasaba. Eran cuestións irrelevantes para os
alleos, pero de máxima importancia para cada unha delas, a modo individual, e tamén para
o grupo que constituían e que sabían que existía ao ver, a cada instante, o whatsApp repleto
de mensaxes que chegaban ao grupo Filomena, a aquel grupo que tiña o mesmo nome que
a prima de Piornedo e que aquela borrasca profunda de xaneiro do 2021.
Unha delas narrou, con pelos e sinais, a resposta a unha enquisa telefónica, na que
respondeu o que lle gustaría que fora, pero -segundo a enquisadora- non era. A señora, de
cabelos louros e longos, de ollos con mirada espelida e co corazón a mil por hora, dixo que
os políticos, dun lado e do outro, eran sensatos, honestos, honrados e gardiáns do porvir da
cidadanía.
Outra das presentes, unha das máis doídas, replicou inmediatamente: “Aquí non funciona
nada, todo é mentira, mentira e nada máis”. Chegaba, Margarita, da estación ferroviaria e,
despois de media mañá, non resolvera nada. Había un erro informático e para comprar o
billete tiña que pagar trinta euros máis do que valía, tiña que facer filigranas, pagar, despois,
reclamar e, se procedía, xa lle devolvería a demasía. A terceira en falar pediu a palabra e,
cando poido, falou e dixo, coa súa voz propia, que mentía o Ministro, que mentía o
Goberno, a peregrina Yolanda Díaz e, se era conveniente, mentía o Diario Oficial de Estado.
A cuarta en tomar a palabra, certamente desolada e aflixida, non poido dicir nada. Abriu a
boca e pechouna decontado. De quen é a culpa de que se verta o plástico e o lixo no mar
noso, nas nosas praias, aquí, en Portugal, á beira de nós?, preguntou. A resposta do grupo
foi unánime: “non se sabe, nin se saberá nunca”. Din que é culpa da desidia, do goberno de
Sánchez, da infamia ou da vileza, da conselleira de Melide, do ministro de Valladolid ou da
Xunta de Rueda. Quen será o culpable?
Outra delas, tan sensata e solidaria como as compañeiras, foi correndo ao banco indicado
para recoller a tarxeta (de plástico) de transporte gratuíto para ir limpar un día enteiro.
Volveu sen ela. “Esgotáronse, señora, veña en quince días ou, se quere, reclámelle ao
mestre armeiro ou á Xunta de Galicia. A nós, non nos diga nada! Estamos aquí para escoitala
e servirlle no que faga falta”.
Outra vaca máis no millo!, exclamou desconsolada a Tía Manuela. Todo está no aire, na
nube ou nas nubes de verán e do inverno, lonxe da terra, alá no solpor, preto do futuro,
onde falará a técnica e, con razón ou sen ela, a humanidade estará integrada por grupos de
seguidores adestrados para pulsar sempre na mesma tecla.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.