Entregados os premios da Campaña de Nadal da ABE (Boiro)

18 Xaneiro 2024
O gañador dos 1.000€, á dereita, na compaña do presidente da ABE, Daniel García

Na mañá deste xoves 18 de xaneiro celebrouse na sede da patronal boirense, a ABE, a entrega dos premios da súa Campaña do Nadal. O presidente da entidade, Daniel García, foi o encargado de entregar os premios. Ademais, quixo “dar os parabéns ás persoas premiadas non só polo agasallo senón tamén por mercar nos negocios locais”. Tamén convidou a cidadáns e visitantes a “seguir participando nas campañas que se propoñemos dende a ABE”.

En total foron entregados 14 premios, 2.000€ en Bonos ABE, 4 lotes e produtos da Praza da Abastos e 3 lotes de xoguetes

Os lotes de produtos da praza de abastos contiñan 1 folla de bacallau, 1 lacón, 1 ducia de chourizos, licor e latas de conservas gourmet.

Listado de gañadores

-Premio de 1000€

Javier Otero Susavila

Compra realizada en Calzados Marlú

-Premio 250 €

Lorena Lojo

Compra realizada en Lolita Moda

-Premio 250 €

Alicia Hermo Fernández

Compra realizada en Carnicería Boga

-Premio 150 €

Rosario Sánchez

Compra realizada en Paquetería Josefina

-Premio 150 €

Purificación Ferreirós Lapido

Compra realizada en Jealsa Rianxeira

-Premio 100 €

Rebeca Otero

Compra realizada en Julieta Bebés

-Premio 100 €

Romina Porto Castro

Compra realizada en Espiñeira centro de jardinería

-Premio Lote de produtos da praza

Patricia Vaamonde

Compra realizada en Beltane Neotaberna

Pili Cameán

Compra realizada en Cordelería JJ Chicolino

María Montemuniño Rodríguez

Compra realizada en Número 13

Marta Rios Cortés

Compra realizada en Jugueterías Tatino

Lotes de xoguetes

Pablo, Gabriela e Nerea

Para participar os clientes debían rexistrar os seus tíckets ou facturas de compra na web da ABE, www.abe.gal, entre o 5 de decembro e o 14 de xaneiro e en total foron 4.916 os rexistrados.

As persoas premiadas cos bonos poden utilizalos en calquera dos 22 negocios asociados e non teñen caducidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.