“Fanatismo” – José Manuel Pena

18 Xaneiro 2024

“Tu verdad no, la verdad, y ven conmigo a buscarla, la tuya guárdatela”, son uns fermosos versos de Antonio Machado que ben poderían definir, actualmente, o fanatismo e a crispación permanente que asolaga a nosa sociedade contemporánea. Por unha banda vemos a unha parte da sociedade que se cree posuidora da verdade absoluta, instalada no conformismo, a seguridade e o fanatismo cargado de soberbia. E por outra banda unha gran maioría social que suspira por avanzar en liberdade e democracia, mantendo os dereitos e as liberdades públicas. Xa non é cuestión de heroes ou viláns senón de tolerantes e intolerantes. Estes últimos teñen como forma de razoamento a máxima de “quen non está con eles está contra eles”.

Hai quen asevera que a base de todas as sociedades modernas ten que estar asentadas sobre o trípode da Liberdade, Igualdade e a Fraternidade. Con todo dentro destas sociedades hai colectivos e organizacións cunha concepción paternalista do poder que pode derivar nun claro autoritarismo ou dogmatismo que lles leva ao abuso de poder e ao fanatismo máis radical.

Desgraciadamente, en épocas de crises, os fanáticos multiplícanse, converténdose nunha das máis perigosas enfermidades que debilitan, traumatizan e chegan a dar morte á convivencia social. Para algúns intelectuais, a personalidade social do fanático aliméntase do autoritarismo, relaciónase cos demais de forma intransixente e vive a súa vida social de modo exaltado.

Moito coidado con algúns políticos fanáticos que son capaces de disfrazar aos seus ollos e aos alleos a súa ansia de poder persoal baixo a máscara dunha ideoloxía e ve en quen non a comparten como os seus inimigos.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.