A asociación A Gamela inicia a elaboración (colectiva) do que sería o gran arquivo histórico de Cabo de Cruz

18 Xaneiro 2024

A asociación de tradicións mariñeiras A Gamela do Cabo da Cruz (Boiro) ven de conseguir unha axuda dos Grupos de Acción Costeira Local do sector Pesqueiro (os GALP) para desenvolver un proxecto de recuperación de memoria da parroquia do Castro, en Boiro. O proxecto de arquivo histórico, segundo informan os seus responsábeis, ten varias fases: dende a recollida de material gráfico e histórico do lugar (fotografías, documentos ou audiovisuais antigos) á gravación de testemuñas da memoria aínda viva nas persoas maiores.

Fontes da asociación explican que con todo este material elaborarase un arquivo histórico da parroquia que favorecerá diferentes “produtos”. Entre estes “produtos” figuran unha exposición de paneis permanentes ao aire libre nas inmediacións do porto antigo do Cabo da Cruz; unha web temática onde poder ver fotos, documentos e vídeos resultados do proxecto; publicacións en papel e soportes dixitais, redes sociais, etc.

A Gamela pretende con este proxecto “cumprir co obxectivo da asociación de recuperar e poñer en valor do patrimonio do lugar, comezando polas embarcacións tradicionais e a cultura marítima pero tamén, por suposto, no entorno social e cultural co que estas embarcacións están relacionadas”.

Neste intre está aberto o prazo de recollida de materiais e podemos contribuír a este proceso a través do teléfono 646 833 730 (Pablo) e do correo gamelacabodecruz@gmail.com.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.