A parroquia boirense de Cespón celebra estes días as súas Festas na Honra de San Vicente. Serán os días 20 e 22 de xaneiro, no lugar de San Roque, en Cespón. As festas arrincarán o sábado ás 21.45 cunha verbena do Trío Arena e proseguirán ás 22.30 horas do mesmo día con máis verbena a cargo da orquestra Fuego.
A axenda festiva do luns 22 comezará ás 10.00 horas cunha ruada protagonizada por Os Pequenos do Barbanza, e coa animación da Charanga Noroeste. Ás 12.00 horas está previsto unha misa cantada na honra de San Vicente, culminando cunha procesión até o lugar de San Roque. Ás 13.00 horas celebrarase unha sesión vermú a cargo da Charanga Noroeste.




