Eurodeputados de cinco grupos solidarízanse coa nosa terra ante o vertido do “Toconao” e a instancias dunha proposta de Ana Miranda

17 Xaneiro 2024

Convocados pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda, un nutrido grupo de eurodeputados e eurodeputadas pertencentes a cinco grupos parlamentares da Eurocámara expresaron a súa solidariedade coa nosa terra, afectada polos vertidos plásticos do buque Toconao (entre outros moitos vertidos achegados ao litoral galego de xeito regular e continuado) e denunciaron a contaminación dos granulados do pasado 8 de decembro. “Agradecemos a todos os eurodeputados a súa mostra de solidariedade con Galiza, que non está soa”, destacou Miranda. O BNG salientou a participación na convocatoria do relator do informe de microplásticos, Joao Albuquerque, así como Catherine Chabaud e Ska Keler, de tres grupos parlamentares distintos. Segundo explicou a eurodeputada nacionalista, a alta preocupación existente en Europa sobre este vertido fixo posíbel que fose aceptada a proposta do BNG de incluír esta cuestión na orde do día da sesión plenaria para o vindeiro xoves, 18 de xaneiro.

Amais, a Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo, Ana Miranda presentou as emendas do Bloque relativas ao informe de microplásticos. “Pedimos a inclusión do transporte marítimo no aumento dos controis no transporte de granulados plásticos para evitar perdas accidentais, xa que o transporte marítimo é unha forma importante e transporte de pélets de plástico”, sinala a eurodeputada do Bloque, quen apunta que as emendas presentadas recollen, entre outras, as propostas trasladadas pola asociación ecoloxista ADEGA.

Mellorar a seguridade

“En 2023, o Subcomité de Prevención e Resposta á Contaminación do Comité de Protección do Medio Mariño da OMI acordou prohibir o transporte de granulados de plástico a granel á luz de accidentes graves anteriores. Por tanto, procede aplicar dita prohibición ao transporte marítimo dentro, cara e desde a Unión”, sinala unha das emendas presentadas polo BNG, que considera que a recente perda dun único contedor que contiña este material fronte ás costas portuguesas provocou unha importante crise ecolóxica na costa galega.

“Por tanto, as perdas causadas por buques marítimos deberían incluírse no ámbito de aplicación do Regulamento”, indica outra das emendas, entendendo que a suxeición dos contedores debe garantir a súa seguridade no transporte.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.