Aparecen pintadas na Casa do Concello e o centro de saúde de Dodro

13 Xaneiro 2024

O Concello de Dodro denunciou a aparición de pintadas no edificio consistorial, así como no centro de saúde da localidade, nas que se pode ler “5 partidos 11 incompetentes. Dodro respéctase” e “A sanidade é o primeiro” e “Dodro merece respecto”.

Segundo informou o Concello, a Garda Civil traballa para atopar aos culpables. Así mesmo, o Sergas tamén foi avisado do sucedido.

O alcalde, Xabier Castro, mostrou a súa repulsa ante este tipo de accións. Así mesmo, lembrou que ás concentracións que se celebran ante o centro de saúde para “reclamar solucións” acoden “unidos” todos os partidos políticos, polo que cre que este tipo de pintadas “non teñen sentido ningún”. Por mor destes feitos, o Concello avanzou que pedirá á Delegación do Goberno os permisos necesarios para colocar cámaras de seguridade.

Remitida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.