Licitado o proxecto para a rehabilitación e pulo turístico do faro de Sálvora por 1,5 M€

12 Xaneiro 2024

Turismo de Galicia vén de licitar por 1,5M€ a obra de rehabilitación do faro de Sálvora, no concello de Ribeira, para converterse nun centro de interpretación no marco do Programa Xacobeo Next Generation posto en marcha pola Xunta de Galicia con fondos europeos para a rehabilitación e mellora de 12 Bens de Interese Cultural de titularidade pública.

O proxecto incluirá a rehabilitación do faro para darlle un novo uso de divulgación turística e tamén científica para o estudo do medio en forma de centro de interpretación dándolle un uso complementario.

Nas actuacións previstas proponse “conservar todas aquelas estancias primitivas do faro e eliminar e transformar outras de construción ou reforma posterior máis contemporáneas”. Na envolvente, substituirase a carpintería de madeira e de aluminio de vidros simples por unha de aluminio anodizado cor burdeos, limpeza da cantería, retirada da impermeabilización actual para impermeabilizar novamente e realizar illamento. Tamén se prevé a restauración e recuperación dos elementos de forxa.

Prazo de execución de 8 meses

No interior o proxecto inclúe algunhas demolicións para executar a nova distribución, instalacións de acabados, substitución de varandas exteriores e distintas adecuacións e restauración de portas, entre outras. No patio está prevista a recuperación de pavimentos antigos e, ademais, as actuacións tamén prevén pavimentar minimamente o acceso desde o peche ata o edificio, eliminar a beirarrúa perimetral e crear unha pavimentación máis ancha, entre outras accións.

O proxecto licítase por 1,5M€ e as obras terán un prazo de execución de 8 meses. As empresas interesadas en participar teñen 20 días naturais desde a publicación da licitación, polo que poderán facelo ata o 2 de febreiro ás 14.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.