O Concello de Boiro, a través do Centro de Información á Muller (CIM) local, vai organizar este 13 de xaneiro un Curso de Autodefensa para Mulleres, que achega recursos e adestramento para que as usuarias poidan resolver situacións de violencia e agresión. A sesión desenvolverase este sábado en horario de 9.00 a 13.30 horas, no Polideportivo da Cachada. Trátase, en palabras da organización, dunha actividade formativa de autodefensa para mulleres en situacións violentas impartido por monitores e monitoras de defensa persoal integrantes da Federación Galega de Loita. Inscricións no Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro.




