O Concello de Muros pon en marcha un dispositivo de limpeza de praias coa aseguradora da empresa armadora e o voluntariado

09 Xaneiro 2024

O Concello de Muros pechou coa aseguradora da empresa armadora do buque Toconao e coas entidades de voluntariado un plan de limpeza dos pellets de plástico nas praias que se puxo este martes 9 de xaneiro en marcha. “Está todo organizado e hoxe mesmo ás 15:00 horas comezaron os traballos de limpeza na praia Area Maior”, explicou a alcaldesa de Muros, María Lago, engadindo que o Concello de Muros chegou a un acordo coa aseguradora da empresa armadora do buque para realizar estas tarefas. Unha empresa de limpeza contratou a 18 traballadores locais para efectuar os traballos coa axuda dos voluntarios.

A alcaldesa asegurou que “ante a inacción do resto das administracións decidimos buscar nós unha solución”. E explicou: “Serán uns traballos tediosos e que levarán un tempo, porque dependen tamén de factores como as mareas, pero non podemos agardar máis, todas as praias do concello están afectadas”, explica María Lago.

Este martes 9 de xaneiro celebrouse na Confraría de Muros unha reunión entre o concello, a empresa de limpeza, representantes da confraría, voluntariado e outras entidades civís para coordinar o operativo.

Segundo explicou a rexedora, son necesarias unhas tarefas de prelimpeza das praias que farán os voluntarios, para despois encargarse a empresa de limpeza da retirada dos pellets.

O Concello tivo coñecemento da chegada dos pellets o 3 de xaneiro e o domingo 7 efectuouse unha análise da situación coa empresa de limpeza da aseguradora para decidir como proceder aos traballos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.