Os empresarios de Ribeira celebran este mércores o sorteo da súa Campaña de Nadal

09 Xaneiro 2024
Presentación da campaña nos días previos ao Nadal

A Asociación de Empresarios de Ribeira celebrará este mércores 10 de xaneiro, ás 11.00 horas, o sorteo público da súa recente Campaña de Nadal. Contarase coa presenza da notaria Covadonga Vazquez López, ademais, do presidente da asociación, Francisco Martínez Gude, e, por parte do Concello, de Mª Herminia Pouso, concelleira delegada de Economía e Facenda.

A Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de Ribeira, no marco das súas accións directamente encamiñadas a fomentar o comercio local, organizou este ano a Campaña de Nadal 2023-2024, cuxo obxecto foi motivar as compras nos establecementos do termo municipal e premiar a fidelidade do cliente, obsequiándoo con boletos que lle darán opción a gañar os premios do sorteo.

“Estes obsequios serven de estímulo para incrementar as compras no noso concello”, explicou durante o Nadal o presidente da patronal ribeirense, Francisco Martínez Gude, destacando tamén a gran variedade de sectores que concorreron na campaña: moda, deportes, complementos, zapaterías, salóns de peiteado, decoración, seguros, talleres e venta de vehículos, ferreterías, restauración e hostalería…

A promoción celebrouse entre os días 1 de decembro de 2023 e o 6 de xaneiro de 2024, inclusive.

Os premios son unha viaxe valorada en 2.500 euros, onde o agraciado ou agraciada poderá elixir o lugar e os acompañantes co límite máximo da dita cifra, e 5.000 euros en vales de compra repartidos en 51 premios da seguinte maneira:

1-Tres vales de compra por importe de 300 euros.

2-Seis vales de compra por importe de 250 euros

3-Dez vales de compra por importe de 100 euros

4-Trinta e dous vales de compra por importe de 50 euros.

Cada establecemento comercial colaborador obsequiou aos seus clientes cun boleto por cada 10 euros de compra. Ademais, os establecementos participantes repartiron preto de 10.000 tíckets de parking entre os seus clientes durante o Nadal para facilitarlles o estacionamento mentres realizanban as súas compras.

Respecto do sorteo deste mércores, o sistema do mesmo será por extracción de rifas da urna onde estarán depositadas tódalas matrices das rifas que participan no sorteo. Cada establecemento participante poderá entregar como máximo un premio de vale de compra, conseguíndose así que 51 establecementos repartan premios, a maiores do gran regalo da viaxe, que poderá tocar en calquera negocio participante. Non se terá está consideración no caso das rifas suplentes, que poderán ser de calquera establecemento participante.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.