A Fiscalía pide nove anos de prisión para un acusado de tentativa de homicidio en Outes

09 Xaneiro 2024


A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará hoxe 9 e mañá 10 un xuízo por tentativa de homicidio contra un home para o que Fiscalía pide nove anos de cárcere.

Segundo o escrito de cualificación fiscal, sobre as 22,35 horas do 4 de xullo de 2022 o acusado achábase no seu coche na estrada da Praia de Broña, no termo municipal de Outes.

Nese momento, viu pasar camiñando á vítima, “un veciño da localidade co que mantiña unha intensa inimizade desde facía polo menos sete anos” cun “profundo resentimento” por parte do procesado.
Sobre o sucedido, sinala que nese instante o acusado aproveitou que o home se dirixía a lanzar o lixo do bar que rexenta para “vingarse del”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.