“Quen minte ou silenza máis en relación cos pellets plásticos que emporcan a costa galega?. Antón Luaces

08 Xaneiro 2024

É probable que o dito días atrás a este xornal polo presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, José Antonio Pérez, estivera debidamente encamiñado ao desbotar a existencia de perigo para os seres humanos derivado o mesmo do espallamento polas praias galegas -especialmente as da comarca do  Barbanza- dos pellets de plástico, por canto o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIAL), ubicado en Culleredo (A Coruña), non atopa compoñentes tóxicos nen perigosos na composición dos pellets que o mar e o vento traen polo Atlántico dende vai máis de vinte días desde augas portuguesas de Viana do Castelo e que, a día de hoxe, afectan asimesmo á liña de costa do Cantábrico: Asturias, Cantabria e Euskadi. Trátase de boliñas de tereftalato de polietileno (PET), un  tipo de plástico da familia dos poliésteres cuxo destino ía ser a fabricación  de botellas ou recipientes plásticos que, unha vez utilizados, poderían ser novamente reciclados estabelecendo así unha cadea de moi longa duración. 

Malia todo, a Unidade Especializada en Medio Ambiente da Fiscalía Xeral do Estado ven de abrir dilixencias de investigación sobre estes millóns de pellets de plástico guindados accidentalmente ao mar e que, en España, apareceron nas rías galegas após que o buque mercante Toconao, de bandeira liberiana, perdera seis contedores en augas lusas, un deles con carga de pellets. Estes son a forma na que se transporta o plástico antes de o procesar como produtos finais. Teñen entre 2 e 5 milímetros de diámetro e preséntanse en  diversos tipos de plástico: polietileno, polipropileno,  PVC, poliestireno, etc.

O proceso de fabricación de produtos de plástico comeza con estes pellets, que se quentan e funden en máquinas de moldeo por inxección, extrusión ou soprado para formar unha ampla variedade de produtos:  dende compoñentes automotrices ata envases, xoguetes ou artigos para o fogar. Os plásticos usados límpanse, tritúranse e finalmente se funden para lle dar esa forma de pellets, ciclo que contribúe a reducir o refugallo de plástico e o consumo de recursos.

A vicepresidenta segunda da Xunta, Ánxeles Vázquez e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiron  unha reunión técnica con gardacostas, técnicos ambientais e persoal de Intecmar para facer seguemento da limpeza de praias afectadas polos pellets de plástico. Por outra banda, organizacións ecoloxistas e grupos de vontarios realizaron durante o domingo accións de recolleita desas bolechas en distintas praias da comunidade autónoma. Varias destas organizacións reclaman o control de acceso de camiñantes aos areais afectados se non van a eles coa misión de limpar xa que logo contribuirían a enterrar as boliñas de pellets que quedan na liña de marea, dificultando ou mesmo imposibilitando a súa retirada.

O 13 de decembro o servizo do 112 (da Xunta) alertou a Salvamento Marítimo da aparición na costa dun saco de rafia que contiña pellets. O 20 de decembro Salvamento Marítimo conclúe que o Toconao é o buque responsable da chegada deses pellets á costa galega. Enténdese que son evidencias de que a Xunta ten coñecemento de que están chegando esas bolechas ás costas de Galicia, pero que non se adopta ningunha medida preventiva de fdanos. Polo medio, a desputa entre si é a Xunta ou o Goberno quen debe dar a primeira resposta a esta situación. Teresa Ribera, vicepresidenta primeira do Goberno, chamou este luns ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para pedir información exacta sobre o material que caeu ao mar “xa que non remitiron máis datos”. Ofreceu medios de limpeza para coordinar coa Xunta. Esta para recibir apoio de medios estatais  ten que elevar o nivel de alerta (que se mantén no 1) ao 2 e solicitalo expresamente. O Goberno pon a disposición da Xunta os efectivos preparados para colaborar na limpeza das praia, malia non se ter activado o Plan de Emerxencias Marítimas.

Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.