
O Concello de Dodro emitiu un comunicado de rexeitamento polos novos vertidos incontrolados dos que están a ser obxecto as parroquias e polo incorrecto uso dos espazos para a recollida de refugallos. “Deixar os voluminosos ao carón dos contedores non é a solución”, sinala o Concello no comunicado, lembrando que “existe un punto limpo móbil que pasa por todo o territorio de Dodro para recoller os residuos voluminosos; deixalos na rúa, aínda que sexa ao carón dun contedor, non é a mellor forma de coidar a imaxe do concello”.
Dende o Consistorio recordan tamén que as persoas que queiran liberarse dun voluminoso poden poñerse en contacto con Coregal para saber cando pasarán os vehículos do punto limpo ou para comunicar a necesidade de desfacerse dun aveño destas características. “Se xa estaba na casa non pasa nada porque estea uns días máis e axudades a coidar o pobo”, engade o Concello.
No comunicado tamén se informa das datas e dos lugares de recollida do punto limpo móbil, así como do teléfono de información.
Recollida de: Aceite de cociña usado, latas contaminadas (pinturas e vernices), Lámpadas e tubos fluorescentes, electrónica, informática e teléfonos móbiles, pequenos electrodomésticos, pilas e baterías, tóner de impresora.
-Semana do 8 de xaneiro a 14 de xaneiro Bexo
-Semana do 15 de xaneiro a 21 de xaneiro Teaio
-Semana do 22 de xaneiro a 28 de xaneiro Lestrobe
Recollida de voluminosos (colchóns, móbeis, chatarra, electrodomésticos…) a domicilio :
Chamando a COREGAL, teléfono 981838908



