A conselleira de Medio Ambiente di que os pellets vertidos nas nosas praias son non tóxicos nin perigosos

08 Xaneiro 2024

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, achegou este luns 8 de xaneiro novas informacións sobre a marea plástica que asola as nosas praias e as súas consecuencias para o medio natural. A conselleira sinalou nunha visita á Coruña que o Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (CAMGAL) activouse a principios de mes, no nivel 1, en canto a Xunta foi advertida polo Goberno central, que, segundo dixo, “ten as competencias sobre tráfico marítimo”. Respecto do nivel 2 (que permitiría a acción directo do Goberno central), explicou que non se contempla activalo.

Tamén dixo que non se trata de material tóxico, que está formado formado por un plástico que se usa para envases alimentarios, ao que máis tarde incorpóranse aditivos. Polo tanto, sinalou, Medio Ambiente considera que “cumpren coa normativa, entendemos que si”.

Ao mesmo tempo, asegurou que o material foi examinado en laboratorios de referencia. Porén, malia non tratarse de residuos perigosos, si que é preciso sacalo das praias, comentou, xa que é plástico que se degrada e entra de maneira doada na cadea alimentaria. Malia todo, a conselleira recomendou facer as limpezas de xeito coordinado, principalmente para evitar que os pellets acaben soterrados na area. Vázquez engadiu que “a presenza do pellets en oito praias na provincia é testemuñal”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.