Ofrenda floral a Valle-Inclán en Boisaca co motivo do seu 88 cabodano

05 Xaneiro 2024

Fotos de Xoán Crespo

O Cemiterio de Boisaca (Santiago) acolleu este venres 5 de xaneiro a tradicional ofrenda floral a dous grandes ilustres representantes da nosa cultura: Ramón María del Valle-Inclán e Isaac Díaz Pardo. Participaron, entre outros persoeiros, o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, a alcaldesa de Santiago, Goreti Sanmartín, ou o director do Museo Valle-Inclán da Pobra, Antonio González Millán.

Coa ofrenda conmemorouse o 88 aniversario de Valle-Inclán e os 12 anos do pasamento de Díaz Pardo, soterrados ambos neste cemiterio compostelán. “Aquí tamén repousan dous dos últimos autores homenaxeados no día das Letras Galegas, Antón Fraguas e Ricardo Carvalho Calero”, sinalou Román Rodríguez.

O representante da Xunta de Galicia, xunto cunha ampla representación institucional, da cultura e familiares dos homenaxeados, puxo en valor a figura dos ilustres escritores pola súa extraordinaria relevancia no século XX e puntualizou que neste 2024 “se cumpren nada menos que 125 anos da primeira obra de teatro de Valle-Inclán, Cenizas, drama en tres actos”. Máis alá do seu talento e traballo, Román Rodríguez destacou a fonda pegada humana que deixaron Díaz Pardo e Valle-Inclán en Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.