“Hai xente para todo”. Luís Celeiro

04 Xaneiro 2024

Un amigo da infancia, despois dun recorrido coa vista polo actual panorama político deste país e da contorna, recordou a anécdota de Juan Belmonte García, El Pasmo de Triana, aquel toureiro que acadou grandes éxitos na primeira metade do século vinte, o inspirador do toureo moderno, agora tamén desprezado.
Chegou o toureiro, retirado e amado, a un lugar concreto de Andalucía e atopouse con que era alcalde don Antonio, un mozo que fora banderilleiro con el en varias ocasións, e preguntoulle inmediatamente: como acadaches este posto, Antonio? -Pois xa ve, admirado mestre, dexenerando, sen máis, dexenerando. Se necesita algo, falamos e avanzamos.
Agora que collín o camiño, dixo o alcalde, “quero seguir ata ser conselleiro, ministro e, despois, presidente ou membro de calquera consello de administración dalgunha das grandes empresas públicas ou participadas polo Estado.
Daquela, volveremos ás prazas de touros e faremos arte como vostede facía. El, igual que moitos, facía arte sen matar. Agora estamos nos tempos do exterminio dos matadores e as prazas de touros son salas especiais para concertos ou para o mercado de inservibles. Son edificacións e espazos para a lembranza e, mesmamente, para a dexeneración.
Non se permiten e non se fan as matanzas dos cochos cebados, daqueles catro ou cinco porcos engordados e tratados como irmáns. Non, non hai matanzas nas aldeas de Galicia, nestes tempos de invernía, como antes había. De verán e de inverno, hai matanza indiscriminada nas guerras, en todas e en cada unha delas, para matar á xente, maioritariamente á xente de ben, aínda sabendo que, como dicía Nietzsche, “a guerra fai estúpido ao vencedor”, se non o era antes.
Pero, nestes tempos, hai quen se presta a todo, quen axude á trola, quen procure réditos da mentira ou quen se esforce para conseguir outra cousa. Hai de todo, na política, na academia, na casa e fóra dela. Permítanme que remate cunha referencia a outro toureiro, El Gallo, Rafael Gómez Ortega. Un coñecido seu, nun anoitecer madrileño, alí, nunha terraza cerca do Retiro, presentoulle a José Ortega y Gasset e o bo do toureiro, ao escoitar -como lle dicían- que era filósofo e pensador, mirouno cos seus ollos luminosos e quedouse sorprendentemente calado por un instante. Despois, pensou e dixo: “hai xente para todo”.
Hai xente para pasear, amar, loiar, traballar e fumar. Para todo, efectivamente. Incluso para falar e calar, para mirar e ver ou ver sen mirar. Na Galicia baleirada, non. Aquí non hai con quen falar, non hai a quen escoitar nin hai de quen aprender, como antes había. Son épocas diferentes, telemáticas e dixitais, propias para agrandar as diferenzas entre os desiguais, para respectar ao ruído e manter ao normal no esquecemento, se é posible, total.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.